diácono considerado o primeiro mártir cristián From Wikipedia, the free encyclopedia
Santo Estevo (do grego Stephanos, coroa) foi un diácono e protomártir, considerado o primeiro mártir cristián.
Nome orixinal | (grc) Στέφανος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1 Grecia |
Morte | c. 36 (34/35 anos) Xerusalén |
Causa da morte | pena de morte, lapidación |
Lugar de sepultura | Basílica de São Lourenço Fora de Muros (pt) |
Discípulo (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | Diácono, Q97722249 , vítima, asasinado |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 26 de decembro (Igrexa católica) 27 de decembro (Igrexa ortodoxa) 3 de agosto |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Bíblica de Archimandrita Nicéforo The Nuttall Encyclopædia >>>:Stephen, St. |
A súa figura encádrase a principios do século I, cando o cristianismo era aínda considerado unha seita máis do xudaísmo. Segundo os Feitos dos Apóstolos, Estevo era o líder dos sete diáconos nomeados polos apóstolos en defensa dos xudeus helenistas, os xudeus da diáspora que falaban grego a pesar de vivir en Xerusalén. Desde esta posición, Estevo denunciou as preferencias que a Igrexa daba aos xudeus hebreos fronte aos xudeus helenistas, condenando á súa vez o uso do Templo de Xerusalén como asento da idolatría contraria á Lei de Moisés e afirmando que só Xesús estaba chamado a espiritualizar o culto do templo.
Estas ideas chocaron cos intereses materiais da casta sacerdotal e coas crenzas do pobo xudeu, o que acabou incomodando aos fariseos dalgunhas sinagogas, que acusaron a Estevo ante o Sanedrín de blasfemia contra Moisés e Yahveh. A asemblea considerouno culpable e Estevo foi lapidado nos arredores de Xerusalén, ao tempo que, segundo a tradición, oraba polos seus verdugos, dicindo: "Señor, non lles tomes en conta este pecado". Entre os participantes estaba Paulo de Tarso, pero non tirando pedras, senón coidando a roupa dos que o facían. Na iconografía usual, aparece co libro dos Evanxeos na man, por ser mártir, e coas pedras coas que foi lapidado.
Trala morte de Estevo, os xudeus helenistas dispersáronse por Palestina e Antioquía, levando a súa prédica entre os pagáns. O seu martirio supuxo o fin do cristianismo como seita do xudaísmo, ao separar o culto cristián do xudeu practicado en Xerusalén. Os helenistas sentaron as bases do cristianismo concibido coma unha relixión universal, non exclusivamente xudía, concepto desenvolvido por San Paulo e ratificado no Concilio de Xerusalén.
É venerado pola Igrexa Ortodoxa e a Igrexa Católica. O seu día é o 26 de decembro. Represéntase coa palma do martirio, vestiduras de diácono e cunha ou varias pedras. É o patrón dos diáconos.
En Galiza é o undécimo santo con máis advocacións, sendo patrón de 106 parroquias.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estevo, mártir |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.