Estela de Crecente
estela funeraria galaicorromana / From Wikipedia, the free encyclopedia
A estela de Crecente é unha estela romana atopada na parroquia de San Pedro de Mera, no concello de Lugo.[1] É moi notábel polo relevo da súa parte superior. Nel figuran catro persoas vestidas á maneira romana, esculpidas cunha técnica de resabios clásicos, relativamente infrecuente na escultura galaicorromana que se conserva. É unha estela funeraria, e na inscrición do piso intermedio, que fai referencia á tribo dos celtas supertamarcos.
APANA AMBOLLI F(ilia) CELTICA SVPERTAM(ARICA) MIOBRI AN(Norum) XXV H(ic) S(ita) E(st) APANVS FR(ater) F(aciendum) C(uravit)Apana, filla de Ambolo, Celtica Supertamárica, do Castro de Miobri. Morta aos 25 anos. Aquí está enterrada. Apano, o seu irmán, mandou erixir este dedicatoria.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |