![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/Flag_of_Islamic_State_of_Iraq.svg/langgl-640px-Flag_of_Islamic_State_of_Iraq.svg.png&w=640&q=50)
Estado Islámico
grupo militar extremista wahhabí/xihadista salafí e autoproclamado califato / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estado Islámico de Iraq e Levante (árabe: الدولة الإسلامية في العراق والشام), tamén coñecido como Estado Islámico de Iraq e Siria (ISIS en inglés), Estado Islámico de Iraq e ash-Sham, Estado Islámico (EI)[1] ou Daesh (داعش),[2] é un grupo militar extremista wahhabí/xihadista salafí e autoproclamado califato, e antigo protoestado non recoñecido que seguía unha doutrina fundamentalista, salafí do sunnismo.[3][4] Estado Islámico conseguiu a atención global a comezos de 2014 cando desprazou ás forzas do goberno iraquí fóra de cidades estratéxicas na ofensiva iraquí occidental,[5] seguida da captura de Mosul[6] e o masacre de Sinjar.[7]
- Véxase tamén: International Satellite for Ionosphere Studies.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7c/Flag_of_Islamic_State_of_Iraq.svg/640px-Flag_of_Islamic_State_of_Iraq.svg.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Territorial_control_of_the_ISIS.svg/640px-Territorial_control_of_the_ISIS.svg.png)
![]() |
Este artigo amosa letras árabes. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
O grupo foi descrito como unha organización terrorista polas Nacións Unidas e por moitos países de xeito individual. EI é coñecido polos seus vídeos propagandísticos de decapitacións e outro tipo de execucións[8] a militares e civís, incluíndo xornalistas e axuda humanitaria, así como pola destrución de lugares considerados patrimonio cultural.[9] As Nacións Unidas consideran a Estado Islámico responsable de violar os dereitos humanos e de crimes de guerra. EI tamén realizou limpeza étnica a grande escala no norte de Iraq.[10]