![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8c/Tampereen_stadion_12.7.2016.jpg/640px-Tampereen_stadion_12.7.2016.jpg&w=640&q=50)
Estadio de Tampere
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estadio de Tampere (en finés Tampereen stadion), tamén coñecido como Estadio de Ratina (en finés Ratinan stadion), é un estadio multiúsos da cidade de Tampere, Finlandia. Foi deseñado por Timo Penttilä e inaugurado en 1965. Ten capacidade para 16 800 persoas (4 000 na bancada principal cubierta), que se amplía ata as 30 000 para concertos empregando a área do campo.[1]
Estadio de Tampere Tampereen stadion (en finés) | |
---|---|
![]() Estadio de Tampere en 2016 | |
Datos | |
Coordenadas | 61°29′33″N 23°45′51″L |
Localización | Tampere, Finlandia |
Construción | |
Inauguración | 1965 |
Arquitecto | Timo Penttilä |
Estadio | |
Dimensións | 105 × 66 |
Capacidade | 16 800 |
Propietario | Cidade de Tampere |
Operadora | Tampere |
Uso | Atletismo, fútbol, concertos |
Localía | Selección de fútbol de Finlandia (2016-presente) FC Ilves (ocasional) Tampere United (2004–2010) |
Web | https://www.tampere.fi/kulttuuri-ja-vapaa-aika/liikunta/liikuntapaikat/sisaliikuntapaikat/tampereen-stadion.html |
Eventos | |
Campionato do Mundo de Atletismo Sub-20 de 2018 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Do 10 ao 15 de xullo de 2018 o Estadio de Tampere foi escenario da 17ª edición do Campionato do Mundo de Atletismo Sub-20.[2] Anteriormente, o 9 de abril de 2013, o estadio reviviu os enfrontamentos ao aire libre entre os dous principais clubs de hóckey sobre xeo da cidade, Ilves e Tappara, establecendo un novo récord de asistencia a un partido de hóckey sobre xeo local con 15 000 persoas nas bancadas.[3]