campo de fútbol en Covas, Viveiro From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estadio Municipal de Viveiro, é unha instalación polideportiva situada na parroquia de Covas, Viveiro. O seu propietario é o Concello de Viveiro e nel exerce como local o equipo de fútbol SDR Sacido. Conta cun terreo de xogo de herba natural cunhas dimensións de 105 x 65 metros e unha bancada cuberta con asentos individuais con capacidade para 1.100 espectadores.
Estadio Municipal de Viveiro | |
---|---|
Vista do estadio na beira da ría (á dereita) desde o monte de San Roque | |
Datos | |
Coordenadas | 43°40′05″N 7°35′50″O |
Localización | Rúa Alcalde Medeiras s/n, 27850 Covas,Viveiro |
Construción | |
Inauguración | 2 de xullo de 1996 |
Estadio | |
Superficie | Herba natural |
Dimensións | 105x65 m |
Capacidade | 1.100 |
Propietario | Concello de Viveiro |
Localía | SDR Sacido |
[ editar datos en Wikidata ] |
Construído entre 1995 e 1996 grazas a un investimento de 200 millóns de pesetas, foi inaugurado o 2 de xullo de 1996 por Manuel Fraga e estreado a finais dese mesmo mes cun enfrontamento entre o Viveiro CF e o RC Deportivo da Coruña. No seu momento, o exalcalde viveirense César Aja propuxo darlle o nome de Augusto César Lendoiro mais o seu desexo non prosperou.
Segundo os xestores políticos de entón, serviría de escenario preferente para o principal club local -o Viveiro CF- que competía daquela na terceira división. Anos despois, o Campo Municipal de Cantarrana continúa a ser o principal e o novo estadio é empregado para adestramentos e como escenario de partidos de categorías inferiores e de Segunda Autonómica, onde compite a SDR Sacido, ademais dalgún torneo estival.[1]
En declaracións a La Voz de Galicia de Domingo González López, presidente do Viveiro CF entre 2006 e 2010[2], aprobadas polos máis dos seareiros e algúns afectados, explicaba por que ao novo estadio municipal viveirense se lle está a dar unha utilidade ben distinta á prevista para a que fora concibida: «O Viveiro sempre xogou en Cantarrana, séntese cómodo alí; non creo que os socios aprobaran un cambio de escenario. Ademais, o campo novo é moi pouco acolledor, o terreo de xogo non está en boas condicións e cando sopra vento do nordés resulta moi complicado xogar ou presenciar un partido. O ideal sería que estivese localizado de xeito transversal á ría e non en paralelo».[1]
Un total de 16 conxuntos exercitábanse en 2009 no recinto localizado na denominada zona do Cembedo: 10 equipos da Escola de Fútbol Viveiro (desde prebenxamíns até alevíns), 4 do Viveiro CF (primeiro equipo, xuvenís, cadetes e infantís), 1 da AD Praia de Covas (infantís) e o equipo da SDR Sacido. O primeiro equipo do club celeste era o único que non o usaba tamén para disputar os seus compromisos ligueiros.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.