![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/63/2013-06-15_Roma_Stazione_FS_Tiburtina.jpg/640px-2013-06-15_Roma_Stazione_FS_Tiburtina.jpg&w=640&q=50)
Estación de Roma Tiburtina
From Wikipedia, the free encyclopedia
Roma Tiburtina é a segunda estación de ferrocarril máis grande de Roma, despois de Termini. Está localizada na parte nordeste da cidade, e foi redeseñada como un centro para a alta velocidade italiana no canto de Termini, que é unha estación de ferrocarril. A estación está conectada co Metro de Roma liña B pola estación Tiburtina. A nova Tiburtina está dedicada ós trens rexionais tradicionais e ós servizos de alta velocidade na liña Milán-Nápoles. A nova estación está proxectada para dar servizo diario a máis de 450 000 persoas no 2015.[1][2] A estación é destino de máis de 140 trens de alta velocidade e 290 trens rexionais.[2]