Estación de Passeig de Gràcia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Passeig de Gràcia é un intercambiador de metro e ferrocarril da cidade de Barcelona, situado baixo o paseo de Gràcia, entre a Gran Via de les Corts Catalanes e a rúa Aragó. É o punto de enlace das liñas L2, L3 e L4 do metro de Barcelona, a liña R2 de Proximidades Renfe e seis liñas de Media Distancia.
Historia
Estación de Adif
O apeadoiro de Passeig de Gràcia foi construído en 1902, aínda que naquel momento os trens circulaban ao aire libre a través dunha longa trincheira por toda a rúa Aragó, enlazando as liñas de Tarragona e Xirona, inaugurada en 1882. Entre 1954 e 1959 cubriuse e transformouse na estación que aínda existe actualmente.
Estacións do metro de Barcelona
A historia da estación de metro remóntase a 1924, cando se inaugura a primeira liña do Metro de Barcelona, o Gran Metro, a que actualmente é a L3. A estación abriu co nome de Aragón por estar situada preto da intersección do paseo de Gràcia coa rúa Aragó.
En 1926 abriuse o ramal do Gran Metro que se dirixía cara á actual estación de Jaume I, primeiro tramo da actual L4 que partía desde a estación de Aragón cun ramal.
En 1972 pechouse o ramal da entón liña III e reabriuse un ano máis tarde como unha nova liña separada con novas plataformas e cambiando o nome da estación polo de Aragón-Gran Vía.
En 1982, coa reorganización dos números de liñas e cambios de nome de estacións, adoptou o nome actual.
Finalmente, en 1995 abriuse a estación da L2 quedando a configuración da estación como está actualmente.
Instalacións e servizos ferroviarios
Estacións do metro
A estación podémola diferenciar en dúas partes, a parada da liña L3 situada xunto á estación de Adif e a 250 metros das estacións das liñas L2 e L4, que están a moi pouca distancia e comparten accesos.
A parada da L3 está baixo o paseo de Gràcia, entre as rúas Consell de Cent e Aragó e ten un vestíbulo en cada extremo. Do de Consell de Cent sae un longo corredor de 250 metros que enlaza coas estacións das liñas L2 e L4. Do de Aragó pódese enlazar directamente co vestíbulo da estación de Adif de Barcelona-Passeig de Gràcia.
A parada da L4 está situada baixo o paseo de Gràcia, entre a Gran Vía e a rúa Diputació e dispón dun só vestíbulo situado na parte sur da estación. Este vestíbulo ten un acceso desde a Gran Vía, esquina co paseo de Gràcia. Ademais comparte acceso coa L2.
Finalmente, a parada da L2 está baixo a Gran Vía no cruzamento co paseo de Gràcia. A estación dispón de dous accesos, un por Gran Vía con Rambla Catalunya e outro por Gran Vía con Pau Claris, compartido coa L4.
Estación de Adif
A estación actual de Passeig de Gràcia dispón de catro accesos desde a rúa, un en cada cruzamento do Paseo de Gràcia coa rúa Aragó. Todos estes conflúen nun vestíbulo que tamén dispón de acceso directo á liña L3 do metro de Barcelona. O vestíbulo da estación dispón de portelos, máquinas de venda automática de billetes e quiosco. Por un nivel inferior circulan os trens, formado por dúas vías con plataformas laterais que dispoñen de bar-cafetería cada unha delas. O acceso ao nivel inferior desde o vestíbulo, realízase a través de escaleiras fixas. Ademais, o acceso á vía 2 ten un acceso directo desde o corredor de enlace co metro.
No cruzamento coa rúa Pau Claris hai outro vestíbulo de dimensións reducidas con dous accesos desde a rúa. O enlace cos dúas plataformas realízase a través de escaleiras, aínda que de cada plataforma hai unha escaleira mecánica de saída que sobe ata o nivel da rúa directamente. En Roger de Llúria hai unha saída de urxencia da estación, unha para cada unha das plataformas.
Orixe/destino | << | Liña | >> | Destino/orixe |
---|---|---|---|---|
Rodalies de Catalunya de Renfe | ||||
Castelldefels | Sants | El Clot-Aragó | Granollers Centre | |
Aeroport Sants | Sant Celoni Maçanet-Massanes | |||
Sant Vicenç de Calders Vilanova i la Geltrú | Estación de França | Estación de França | ||
Media Distancia | ||||
Barcelona-Sants | Barcelona-Sants | Barcelona-El Clot-Aragó | Xirona Figueres Portbou / Cerbère | |
Lleida-Pirineus | Barcelona-Estació de França | Barcelona-Estació de França | ||
Reus Móra la Nova Flix Riba-roja d'Ebre | ||||
Cambrils Tortosa Vinaròs València-Nord | ||||
Caspe Zaragoza-Delicias |
Accesos
- Rambla Catalunya - Gran Via (L2)
- Passeig de Gràcia - Gran Via (L2 e L4)
- Carrer Consell de Cent (L3)
- Carrer Aragó (L3 e Adif)
- Carrer Pau Claris (Adif)
Galería de imaxes
- Estación da L2
- Estación da L3
- Estación da L4
- Corredor de enlace da L3 coas liñas L2 e L4
- Indicador do nome da estación, nun acceso
- Intercambiador
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.