![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/09/Ourense_30-07-2008_06_estacion.jpg/640px-Ourense_30-07-2008_06_estacion.jpg&w=640&q=50)
Estación de Ourense
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Estación de Ourense, tamén coñecida como Ourense-Empalme, é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2023 rexistrou un tráfico de 2.082.576 pasaxeiros, sendo a terceira estación con maior número de viaxeiros de Galicia por detrás das de Santiago e A Coruña. Nese mesmo ano duplicouse o número de usuarios dos aeroportos de Alvedro e Peinador.[1]