From Wikipedia, the free encyclopedia
Nas clasificacións tradicionais, a dos espirúridos (Spirurida) é unha orde de nematodos da clase dos secernénteos.
Espirúridos Spirurida | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Microfilaria de Wuchereria bancrofti | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Superfamilias | |||||||||
| |||||||||
Sinonimia | |||||||||
|
Algunhas das súas especies, como as filarias,[1] poden producir enfermedides en humanos. Nesta orde está o maior nematodo coñeocido, Placentonema gigantissima, parasito da placenta dos cachalotes; as femias maduras alcanzan os 8 m de lonxitude, cun diámetro de só 2,5 cm, e posúen 32 ovarios que producen unha enorme cantidade de óvulos.[2]
A rexión bucal posúe normalmente dous labios laterais, aínda que pode haber catro ou máis. O orificio bucal pode ter dentes. Os anfidios están xeralmente situados en posición lateral, aínda que nalgúns grupos poden localizarse inmediatamente por detrás dos labios. O esófago divídese normalente nunha porción anterior muscular e nunha porción posterior glandular, dilatada. As larvas posúen en xeral unha espiña cefálica que usan para perforar a envoltura do ovo, e un fasmidio en forma de poro na cola.[2]
Os espirúridos utilizan un vertebrado no seu ciclo de vida. O hospedeiro definitivo é un mamífero, unha ave ou un réptil, raramente un anfibio.[2]
A orde foi descrita en 1933 polo nematólogo estadounidense Benjamin Goodwin Chitwood.
A orde coñécese tamén polo sinónimo moderno:[3]
Segundo o WoRMS, o grupo comprende as seguintes superfamilias:[3]
O BioLib, pola súa parte, considera a orde dividida en dúas subordes:[4]
Nas clasificacións modernas, por exemplo no WoRMS, este taxon considérase como a orde dos Espiruromorfos (Spiruromorpha) De Ley & Blaxter, 2002, da sublcase dos cromadorios (Chromadoria).[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.