From Wikipedia, the free encyclopedia
O escudo de Irlanda (en inglés Coat of arms of Ireland, en gaélico Armas na hÉireann) é o escudo de armas oficial da República de Irlanda dende o 9 de novembro de 1945. Consiste nun brasón azur cun arpa dourada con cordas de prata, consolidando así a tradición da arpa gaélica, a chamada clàrsach, como o emblema heráldico tradicional de Irlanda.
Escudo de Irlanda | |
---|---|
Estandarte do Presidente menor | |
Selo do Presidente menor | |
Detalles | |
Armiger | Irlanda |
Adoptado | 1945 (rexistrado: Armas de Irlanda)[1] c.1541 (rexistrado: Reino de Irlanda), c.1280 (rexistrado: Rei de Irlanda) |
Escudo | En campo de azur, unha arpa de ouro cordada de prata (irlandés: Ar ghorm cláirseach órga na sreanga airgidí) |
Versións anteriores |
A arpa é recoñecida como un símbolo de Irlanda xa dende o século XIII, e a súa primeira aparición nas cuñaxes monetarias anglo-irlandesas data de 1536, durante o reinado de Henrique VIII, aparecendo como o terceiro cuarto do escudo de armas real do Reino Unido.
A arpa foi escollida como o emblema estatal tralo establecemento do Estado Libre de Irlanda, e unha das súas primeiras aplicacións foi no Gran Selo do Estado Libre de Irlanda, e seguiu sendo o emblema estatal despois de que se adoptase a Constitución de Irlanda. A imaxe da arpa é empregada nas cuñaxes monetarias, pasaportes e outros documentos oficiais estatais, así como nos emblemas do Presidente, o Taoiseach, o Tánaiste e os Ministros do Goberno e outros cargos oficiais.
A arpa das moedas cuñadas en 1928 está baseada no arpa de Galway e na do Trinity College, mentres que unha versión moito máis modificada introduciuse na cuñaxe de 1939, que é a que subsiste hoxe día nas moedas de euro de Irlanda.
A partir da chegada da dinastía Estuardo aos tronos de Inglaterra e Irlanda en 1603, o escudo de armas real comezou a usar a arpa irlandesa representando ao Reino de Irlanda. A través dos anos, a arpa foi alterada e recolocada representando os diferentes cambios no panorama político ata que o escudo de armas real británico acadou a oficialidade coa ascensión ao trono do Reino Unido da raíña Vitoria I en 1819, momento dende o cal permaneceu inalterado. Este escudo de armas mostra a arpa irlandesa tanto en Inglaterra, Escocia e Gales coma no escudo de armas do Canadá, no cuarto inferior esquerdo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.