From Wikipedia, the free encyclopedia
O escudo de Cuba é o símbolo heráldico do país. Foi creado en 1849 polo poeta Miguel Teurbe Tolón[1] e adoptado con pequenas modificacións o 24 de abril de 1906.
Escudo de Cuba | |
---|---|
Detalles | |
Armiger | Cuba |
Adoptado | 24 de abril de 1906 |
Crista | Gorro frixio vermello |
Escudo | Escudo cortado e medio crebado |
Alicerce | Póla de aciñeira e de loureiro |
Trátase dun escudo triangular curvilíneo partido. No primeiro terzo, tres barras de azur (os departamentos do país) sobre prata. No segundo, unha representación dunha paisaxe con dúas montañas e vexetación, onde destaca unha palma real. No xefe, un mar de azur cargado cunha chave de ouro significando a súa importancia estratéxica no acceso ó Golfo de México, no medio de dous saíntes (Florida e o Iucatán), cun sol radiante no horizonte. Como crista, unhas fasces (denotando a unidade dos cubanos) e un gorro frixio cargado cunha estrela de cinco puntas (significando a liberdade). Acompañado pola dereita por unha póla de aciñeira (a paz) e pola esquerda unha póla de loureiro (a vitoria), as dúas ó natural.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.