From Wikipedia, the free encyclopedia
O escudo de Bosnia e Hercegovina foi adoptado en 1998. Substituíu o anterior, usado desde 1991, ano en que o país se declarou independente da República Federal Socialista de Iugoslavia. O escudo posúe os mesmos elementos que a bandeira. O escudo está dividido en dúas partes, a primeira partición é de ouro en forma de triángulo isóscele, cuxas tres puntas representan o tres grupos étnicos do país (bosníacos, croatas e serbios) así como a forma do país. A segunda partición é de azur con sete estrelas de cinco puntas colocadas en banda, símbolo de Europa.
O escudo vixente entre 1991 e 1998 consistía nun campo de azur sementado con seis flores de lis e unha banda de prata, escudo que foi utilizado polos primeiros reis da dinastía Kotromanić, que gobernou de Bosnia entre os séculos XIII e XV. Segundo a tradición, a banda de prata simboliza a espada de Tvrtko, o primeiro rei de Bosnia, e o seu poder. Deseñouse xunto coa bandeira a comezos da guerra de Bosnia, que durou tres anos; ao final do conflito. A comezos do 1998, por mor das queixas dos serbios e os croatas, que dicían que ese escudo e esa bandeira non representaban ás súas etnias, creouse unha comisión para a reforma da bandeira, creándose ademais o escudo actual, que conserva as mesmos cores que o anterior aínda cando non ten ningún referencia á historia do país.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.