Escudo de Andalucía
From Wikipedia, the free encyclopedia
O escudo de Andalucía é, oficialmente, un logotipo baseado no escudo da cidade de Cádiz, que mostra a figura dun Hércules novo entre as dúas columnas de Hércules que a tradición sitúa no estreito de Xibraltar, coa inscrición ós pés dunha lenda que di: "Andalucía por sí, para España y la Humanidad", sobre o fondo dunha bandeira andaluza. Pecha as dúas columnas un arco de medio punto coas palabras latinas "Dominator Hercules Fundator", tamén sobre o fondo da bandeira andaluza.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b6/Escudo_de_Andaluc%C3%ADa_%28oficial%29.svg/320px-Escudo_de_Andaluc%C3%ADa_%28oficial%29.svg.png)
Segundo o artigo 6.2 do Estatuto de Autonomía de Andalucía do ano 1981:
Andalucía ten himno e escudo propios, que serán aprobados definitivamente por Lei do Parlamento Andaluz, tendo en conta os acordos ditados sobre tales extremos pola Asemblea de Ronda de 1918.[1]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/ba/Escudo_de_C%C3%A1diz_%28oval%29.svg/640px-Escudo_de_C%C3%A1diz_%28oval%29.svg.png)