From Wikipedia, the free encyclopedia
A escravitude na Grecia antiga foi un compoñente esencial no desenvolvemento económico e social do mundo grego da antigüidade e estivo vixente ó longo da súa historia. Os gregos consideraron a escravitude non só como unha realidade indispensable, senón tamén como un feito ben natural; mesmo os estoicos, en xeral, ou os primeiros cristiáns non a cuestionaron.[2][3][4] A maioría dos escritores antigos entendían que a escravitude non era tan só un fenómeno natural, senón tamén necesario. Porén, tamén apareceron algúns debates illados que o denunciaron, como se observa nos diálogos socráticos, ou algúns estoicos que expresaron a primeira condena de escravitude da cal se ten un rexistro histórico.[4]
De acordo coa tradición historiográfica moderna, este artigo só falaba dos escravos-mercadoría, tamén considerados como escravos-obxecto por autores anglosaxóns, e non dos grupos cunha determinada dependencia, coma os penestas de Tesalia, os ilotas de Esparta ou os clarotas de Creta que tiñan unha posición social máis complexa, xa na liña da servidume da Idade Media. Un escravo-mercadoría é un individuo privado de liberdade e suxeito á vontade dun propietario que pode mercalo, vendelo ou alugalo coma un ben calquera.
A escravitude na Grecia antiga propón problemas importantes ós estudosos, xa que a documentación é dispar e moi fragmentada, concentrada principalmente na cidade de Atenas; dubídase do nivel de implantación da escravitude en Esparta xa que hai moi pouco información. Ningún tratado fai referencia esplicitamente ó tema, e a miúdo a terminoloxía é pouco precisa. Os argumentos xudiciais do século -IV, unha boa fonte documental, non detallaban determinados aspectos relacionados cos escravos, xa que eran visto como unha fonte de ingresos. A comedia presenta os escravos de comedia, e a traxedia os escravos de traxedia, pero tan só son unha fonte indirecta de coñecemento da situación. Por outra banda, na produción iconográfica ou nas estelas funeraries, é difícil distinguir un escravo dun artesán.
Actualmente, a escravitude grega é obxecto de debates historiográficos e, en particular, o debate céntrase arredor de dúas cuestións: Se se pode dicir que a sociedade grega era escravista; e, a segunda, se os escravos gregos formaban unha clase social.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.