From Wikipedia, the free encyclopedia
Escola de surf (título orixinal en inglés: Blue Water High) é unha serie de televisión australiana, de coprodución alemá, emitida na ABC Television australiana. En Galiza foi emitida pola TVG. Cada capítulo conta a vida dun grupo de rapaces estudantes no Solar Blue, unha academia de surf de alto rendemento onde uns poucos afortunados de 16 anos son seleccionados para un programa de adestramento durante doce meses. Este grupo de surfeiros de elite irán xuntos ó instituto e surfearán nas praias do norte de Sydney. Na fin do adestramento no Solar Blue, os estudantes compiten entre eles para conseguir un patrocinador que lles pague 12 meses no circuíto profesional júnior.
Intérpretes | Sophie Luck Tahyna Tozzi Kate Bell Mara Scherzinger Khan Chittenden Adam Saunders Christopher Foy Gabrielle Scollay Lesley Mitchell Taryn Marler James Sorensen Ryan Corr Trent Dalzell Cariba Heine |
---|---|
País de orixe | Australia |
Lingua(s) | Inglés |
Episodios | 78 |
Duración | 25 minutos |
Canle de orixe | ABC Television |
Primeiro episodio | 11 de maio de 2005 |
Derradeiro episodio | 25 de setembro de 2008 |
Na rede | |
http://www.abc.net.au/rollercoaster/bluewaterhigh/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ademais do seu adestramento no surf, os estudantes vivirán as experiencias propias da adolescencia, incluíndo deberes, amizades e relacións amorosas.
A primeira temporada consta de 26 episodios. Os actores Adam Saunders, Tahyna Tozzi, Sophie Luck, Kate Bell, Khan Chittenden, Chris Foy e Mara Scherzinger interpretan uns adolescentes que son aceptados nunha escola de alto rendemento para a práctica do surf. Despois dun ano, compiten para conseguir o patrocinio da firma Solar Blue. Os estudantes que non son aceptados continúan coa súa vida normal.
Edge e Fiona (Fly) gañaron esta competición.
Personaxe | Voz galega | Actor orixinal |
---|---|---|
Heath Carroll | Gaspar Somoza | Adam Saunders |
Dean "Edge" Edgely | Raúl Dans | Khan Chittenden |
Perri Lawe | Nora Abad | Tahyna Tozzi |
Matt Leyland | Chema Gagino | Chris Foy |
Bec Sanderson | Chelo Díaz | Kate Bell |
Fiona "Fly" Watson | Teresa Santamaría | Sophie Luck |
Anna Petersen | Mara Scherzinger | |
Deborah "Deb" Callum | Carolina Vázquez | Nadine Gardner |
Craig "Simmo" Simmonds | Antón Rubal | Martin Lynes |
Jilly | Miriam Aldrei | Liz Burch |
Joe Sanderson | Matt Ruddock | |
A filmación da segunda temporada comezou en xaneiro en Sydney, Australia, cun repartimento distinto, que inclúe a Sophie Luck, Ryan Corr, Lesley Mitchell, Taryn Marler, Gabrielle Scollay, James Sorensen e Trent Dalzell. A súa estrea produciuse o 28 de xuño de 2006.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.