![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b2/The_Design_Center%252C_RISD%252C_Providence_RI.jpg/640px-The_Design_Center%252C_RISD%252C_Providence_RI.jpg&w=640&q=50)
Escola de Deseño de Rhode Island
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Escola de Deseño de Rhode Island (RISD pola súas siglas en inglés) é unha escola privada de arte e deseño en Providence, Rhode Island. A escola foi fundada como institución mixta en 1877 por Helen Adelia Rowe Metcalf, quen buscou aumentar a accesibilidade da educación do deseño para as mulleres.[1] No presenta a RISD ofrece programas de licenciatura e mestrado en 19 especialidades e matricula aproximadamente a 2 000 estudantes de grao e 500 de posgrao.[2] O Museo da Escola de Deseño de Rhode Island, que alberga as coleccións de arte e deseño da escola, é un dos maiores museos de arte universitario dos Estados Unidos.[3]
Escola de Deseño de Rhode Island Rhode Island School of Design | |
---|---|
![]() The Design Center | |
Enderezo | |
Providence, Rhode Island ![]() | |
Datas | |
Creación | 1877 |
Educación | |
Ensinanzas | arte e deseño |
Alumnos | 2 501 (2019-2020 |
Xestión | |
Tipo | privada |
Director | Crystal Williams |
Outros nomes | |
RISD | |
Na rede | |
https://www.risd.edu/ |
A Escola de Deseño de Rhode Island está afiliada á Brown University, cuxo campus está inmediatamente adxacente ao RISD en Providence's College Hill. As dúas institucións comparten recursos sociais e comunitarios e desde 1900 permiten o rexistro cruzado.[4][5] Xuntas, RISD e Brown ofrecen programas de dobre grao nos niveis de posgrao e grao.
Ata 2022 os antigos alumnos da RISD recibiran 10 bolsas MacArthur Genius, cinco premios Primetime Emmy e tres premios da Academia.[6][7]