École de Barbizon
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Escola de Barbizon de pintura (aprox. 1830–1870) foi o conxunto de pintores franceses reunidos en torno á aldea de Barbizon, próximo ao bosque de Fontainebleau, onde os artistas deste círculo chegaron a establecerse.
O feito de que os pintores de Barbizon deixasen París para refuxiarse nun pequeno pobo xa é unha actitude de aberta oposición ao sistema vixente, non só no ámbito plástico, senón tamén na orde social.
Os pintores de Barbizon foron parte do Realismo pictórico francés, que xurdiu en reacción ao máis formalista Romanticismo de Gericault ou Delacroix.