enfermidade específica que causa a morte das neuronas que controlan músculos voluntarios From Wikipedia, the free encyclopedia
A esclerose lateral amiotrófica (ELA), tamén coñecida como a enfermidade de Lou Gehrig, é unha enfermidade específica que causa a morte das neuronas que controlan músculos voluntarios.[1][2][3] A definición "enfermidade das neuronas motoras" emprégase para un grupo de condicións da que a ELA é a máis común.[4] A ELA caracterízase pola espasticidade muscular, contraccións musculares involuntarias e unha debilidade que empeora de maneira gradual por mor dunha atrofia muscular.[4] Isto dá como resultado dificultades na fala, ao tragar e eventualmente na respiración.[2][4]
Esclerose lateral amiotrófica | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Un home con ELA comunicándose coa súa muller por medio dun dispositivo láser. | |
ICD-10 | G12.2 |
ICD-9 | 335.20 |
OMIM | 105400 |
DiseasesDB | 29148 |
MedlinePlus | 000688 |
eMedicine | neuro/14 emerg/24 pmr/10 |
MeSH | D000690 |
GeneReviews | Amyotrophic lateral sclerosis |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A causa desta enfermidade descoñécese no 90%-95% dos casos.[1] Entre un 5 e un 10% dos casos son hereditarios.[5] Ó redor da metade dos casos xenéticos débense a un de dous xenes específicos. A diagnose baséase nos sinais e síntomas que presenta a persoa, realizándose probas para desbotar outras causas potenciais.[1]
Non se coñece unha cura para a ELA.[1] A medicación chamada riluzol pode estender a vida do enfermo por uns dous ou tres meses.[6] A ventilación non-invasiva pode mellorar a calidade de vida e estendela.[7] A enfermidade adoita aparecer ó redor dos 60 anos de idade, 50 nos casos herdados.[5] A esperanza de vida media dende o seu comezo é de entre dous a catro anos,[8] aínda que un 10% dos enfermos consegue sobrevivir máis de 10 anos,[1] e a principal causa de finamento é un fallo respiratorio. Descoñécese a incidencia desta enfermidade en gran parte do mundo.[5] En Europa e nos Estados Unidos esta enfermidade afecta a unhas dúas persoas de cada 100 000 cada ano.[5][9]
O 21 de xuño celébrase o Día Mundial contra a Esclerose Lateral Amiotrófica, co obxectivo de visibilizar esta enfermedade e que o 21 de xuño, solsticio de verán, sexa un punto de inflexión na busca da causa e o tratamento da enfermidade.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.