Escifozoos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os escifozoos (Scyphozoa, do grego σκύφος skyphos, 'cunca', 'copa', e ζωον zoon, animal) son unha clase do filo dos cnidarios (Cnidaria) coa fase de pólipo, sésil, moi reducida. De feito, son os cnidarios aos que máis frecuentemente se alude como medusas, xa que esta é a fase que prediomina no seu ciclo biolóxico e acostuman, ademais, a seren máis grandes que as hidromedusas, cun diámetro de entre 2 e 40 cm, aínda que en Cyanea capillata pode chegar até os 2 m[1] e ter os tentáculos de 60 a 70 m de lonxitude.[2]
Escifozoos Rango fósil: Ediacárico - Holoceno | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Chrysaora quinquecirrha | |||||||
Clasificación científica | |||||||
| |||||||
Orde | |||||||
|
As medusas son organismos transparentes e xelatinosos cuxo corpo pode estar formado até por un 95 % de auga. Case todas viven nos océanos, coñecéndose unhas 200 especies, presentes en todos os mares.
Normalmente utilízase o nome común medusa para identificalas, aínda que tamén se usa este nome vulgar para os representantes das clases dos hidrozoos (Hydrozoa) e cubozoos (Cubozoa).