![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f4/Schweineschnitzel.jpg/640px-Schweineschnitzel.jpg&w=640&q=50)
Escalope
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un escalope[1] é un corte de carne sen óso que se estira coa axuda dun mazo[2] ou co mango dun coitelo.[3] A carne, ao estar estirada, cocíñase máis axiña, polo que é moi empregado na cociña rápida.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f4/Schweineschnitzel.jpg/640px-Schweineschnitzel.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ae/Wiener-Schnitzel02.jpg/640px-Wiener-Schnitzel02.jpg)
As carnes que se adoitan empregar para preparar escalopes son a de vitela, porco, salmón e pavo, aínda que tamén se poden usar outras como a de polo. O tamaño típico dun escalope na industria alimentaria vai de 113 a 227 g.