Era unha vez
From Wikipedia, the free encyclopedia
Era unha vez[1] é unha fórmula de expresión que, na tradición popular, introduce un conto, e en particular unha fábula ou un conto de fadas. Trátase da frase que abre o relato e fai alusión a un tempo pretérito indeterminado. É habitual, tamén na oralidade, nos contos infantís.
De acordo co Oxford English Dictionary, a expresión apareceu na lingua inglesa xa en 1385 (escrita por Geoffrey Chaucer en Os contos de Canterbury, como Once upon a time[2]). Con todo, nunha lingua romance o primeiro rexistro que existe chega a través de Charles Perrault, que a enunciou en lingua francesa como Il était une fois[3]. A expresión aparece no inicio de sete dos oito escritos en prosa de Perrault[4].
É así mesmo unha fórmula amplamente instalada noutros idiomas: Det var engang (dinamarqués), C'era una volta (italiano), Era uma vez (portugués), Érase una vez (castelán), Es war einmal (alemán)...