From Wikipedia, the free encyclopedia
Epoxi ou poliepóxido é un polímero termoestable formado pola reacción producida entre unha resina epoxi base e un axente catalizador.
Epoxi é un copolímero, está formado por cando menos dous grupos, a resina e o catalizador. A resina consiste en monómeros cun grupo epóxido en cada extremo. As resinas epoxi máis comúns son as producidas pola reacción entre epicloridrina e bisfenol A. O catalizador consiste en monómeros de poliamina, por exemplo trietilentetramina (TETA). Cando estes compostos se mesturan xuntos, os grupos de amina reaccionan cos grupos epóxidos formando unha unión covalente. Cada grupo NH pode reaccionar con cada grupo epóxido, así que o polímero resultante está fortemente entrelazado, e é rexo e duro.[1][2]
As primeiras resinas epoxi non comezaron a se sintetizar ata 1891 [3] pero o seu uso comercial non empezou ata mediados da década de 1930 polo labor de Pierre Castan en Suíza e Greenlee nos Estados Unidos[4].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.