esecies que medran sobre as rochas From Wikipedia, the free encyclopedia
En ecoloxía denomínase epilítica á especie que adoita vivir sobre rochas.[1][2]
Son animais, vexetais, fungos ou liques que prefiren, ou están obigados, a viviren sobre rochas ou pedras. Tamén reciben este cualificativo os organismos microbiamos que viven sobre as rochas.[3] Estas especies reciben o nome de epilito ou epilita, segundo o xénero da especie.
As especies epilíticas son, en xeral, particularmente resistentes ou están adaptadas a determinadas condicións ambientais, como á exposición aos raios ultravioleta, ao vento, á deshidratación, á alternancia de períodos día/noite, ás estacións cálidas e frías, secas e húmidas, etc.
Este neoloxismo da linguaxe científica rexistrouse por primeira vez no inglés en 1900.[2]
Cómpre distiguir as especies epilíticas das endolíticas. Os litófitos endolíticos medran nas fendas das rochas.[3]
Por outra parte, os litófitos tamén poden clasificarse en obrigados e facultativos. Os litófitos obrigados crecen unicamente en rochas, mentres que os litófitos facultativos poden medrar nunha rocha e noutro substrato simultaneamente.[4]
Hai tamén especies denominadas murícolas, que son as que se adaptaron para viviren en paredes naturais ou nos muros de construcións humanas, achando alí un hábitat substituto.
E baixo a auga, ou nunha zona permanentemente exposta a salpicaduras, podemos falar dunha bipelícula epilítica,[5] para describirmos a fina capa de algas (microalgas) e microorganismos que se desenvolven en rochas mergulladas en augas doces, salobres ou mariñas.[6] Nalgunhas áreas turbulentas e/ou fortes, esta biopelícula é unha fonte discreta pero importante de alimento para moitas especies.[5]
Son sinónimos de epilítico, -ca os termos litófita, ou litófito (no caso dos vexetais), lapidícola, rupícola, e saxícola.
En plantas e liques, os epilitos máis fáciles de observar son liques (simbioses de algas e fungos), certas plantas (musgos, fentos, e as chamadas plantas superiores), pero tamén se poden observar frecuentemente algas e bacterias fotosintetizadoras que medran nas rochas, empregándoas como soporte, e mesmo como fonte de oligoelementos.
As plantas epilíticas ou os liques son sempre organismos autótrofos fotosintéticos; son capaces de absorberen a humidade do aire, recoller o orballo e encontrar sales minerais nas partículas que recollen do aire, da auga de escorrentía, da chuvia e, ás veces, no humus ou na necromasa (masa de materia orgánica morta presente nun ecosistema) que se poden acumular na rocha. Algunhas das súas especies segregan ácidos orgánic permitindo que as súas raíces se afundan na rocha e obteñan alí algúns dos seus alimentos. Á beira do mar, deben adaptarse á marusía e aos raios ultravioleta.
En zonas tropicais en particular, unha gran variedade de especies poden colonizar as rochas, contribuíndo á facer complexos naturais os ecotóns, aumentando así a dispoñobilidade de microhábitats.
Nota: despois dunha etapa pioneira, especialmente se os arbustos e as árbores crecen nas rochas, os epífitos á súa vez poden establecerse nos epílitos.
Fórmanse así sobre as rochas ecosistemas verticais máis ou menos complexos ou simplificados que evolucionan co paso do tempo. Nos trópicos, algúns invertebrados e réptiles poden pasar toda a súa vida alí e durante varias xeracións, sen chegaren nunca ao solo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.