![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3b/RanaTemporaria.jpg/640px-RanaTemporaria.jpg&w=640&q=50)
Epiceno
termo lingüístico para as palabras coa mesma escrita con independencia do xénero gramatical / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un substantivo animado é epiceno cando designa tanto a un individuo masculino como feminino independentemente do xénero gramatical do substantivo[1], pero con xénero fixo. Por exemplo: ourizo, gorila, aguia, rata. No caso de que sexa necesario distinguir o sexo, pódese recorrer a un adxectivo: unha aguia macho e unha aguia femia.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3b/RanaTemporaria.jpg/640px-RanaTemporaria.jpg)
Cando o xénero dos substantivo non é fixo, e polo tanto pode existir variación, estamos perante o que máis especificamente se coñece coma un substantivo de xénero común. A distinción neste caso pode facerse mediante o uso do artigo: un/unha gorila.
Etimoloxicamente, epiceno vén do adxectivo grego ἐπίκοινος, que significa "común".