![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/03/Eosinophil.png/640px-Eosinophil.png&w=640&q=50)
Eosinofilia pulmonar
From Wikipedia, the free encyclopedia
As eosinofilias pulmonares son un grupo de síndromes e doenzas caracterizados por causaren infiltrados pulmonares nos que predominan os eosinófilos, un tipo de células do sangue.[1] Neste grupo de enfermidades no se inclúen aquelas que poden acompañarse de eosinofilia pero que teñen unha causa propia, como poden ser tumores, infeccións, a artrite reumatoide (AR) ou a granulomatose de Wegener, entre outras. Tamén factores extrínsecos poden ser a causa dunha eosinofilia pulmonar, entre eles os efectos adversos a certos fármacos.[2]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/03/Eosinophil.png/640px-Eosinophil.png)