Enxeñaría de software
From Wikipedia, the free encyclopedia
Enxeñaría de software é unha área do coñecemento orientada á especificación, desenvolvemento e mantemento de sistemas de software aplicando tecnoloxías e prácticas de ciencia da computación, xestión de proxectos e outras disciplinas, considerando produtividade e calidade.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa revisión por alguén que saiba deste tema. Se ten eses coñecementos mellore este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Actualmente, estas tecnoloxías e prácticas engloban linguaxes de programación, bases de datos, ferramentas, plataformas, bibliotecas, patróns e procesos.
Os fundamentos científicos para a enxeñaría de software comprenden o uso de modelos abstractos e precisos que permiten ao enxeñeiro especificar, proxectar, poñer en funcionamento e manter sistemas de software, avaliando e garantindo as súas calidades. Ademais disto, a enxeñaría de software debe ofrecer mecanismos para planificar e xestionar o proceso de desenvolvemento.
A enxeñaría do software está composta por tres elementos:
- Os métodos: que indican como construír tecnicamente o SW, abarcando tarefas como a planificación, estimación de proxectos, análises de requirimentos, deseño de estruturas, codificación, probas e mantemento.
- As ferramentas: dan a subministración automática ós métodos. Actualmente existen ferramentas para soportar cada un dos métodos citados anteriormente.
- Os procedementos: propoñen, entre outras cousas, a orde en que aplica-los métodos, as entregas requiridas (documentación, informes etc.), os controles que axudan a asegurar a calidade e coordina-los cambios e as directrices que axudan ós xestores do SW a evalua-lo progreso.