From Wikipedia, the free encyclopedia
Enterobacter é un xénero de bacterias gramnegativas, anaerobias facultativas, con forma de bacilo da familia Enterobacteriaceae. Varias cepas desta bacteria son patóxenas e causan infeccións oportunistas en individuos inmunodeprimidos (xeralmente hospitalizados) e nos que requiren ventilación mecánica. Os tractos urinario e respiratorio son os sitios de infección máis comúns.
Enterobacter | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Enterobacter cloacae en ágar TSB. | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
E. aerogenes | |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
Cloaca Castellani & Chalmers, 1919
|
As dúas especies máis importantes clinicamente son E. aerogenes e E. cloacae.
A especie Enterobacter sakazakii agora recibe o nome de Cronobacter sakazakii. É unha causa rara de septicemias neonatais e dunha forma de meninxite de evolución grave. Informouse de infeccións asociadas ao consumo de alimentos por bebés.[1][2]
As súas características de laboratorio son lactosa positiva, indol negativa e urease negativa.[3] É unha enterobacteria que pode realizar a fermentación butanodiólica.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.