From Wikipedia, the free encyclopedia
O encoro de Santa Uxía atópase no tramo final do río Xallas no concello de Dumbría, na provincia da Coruña. Foi construído coma aproveitamento hidroeléctrico e pertence ó Grupo FerroAtlántica, así coma os outros encoros do Xallas, ademais doutros intereses enerxéticos ó longo de España. O encoro que forma ten unha capacidade de 18 hm³.
Tipo | encoro | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Dumbría, España e Mazaricos, España | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | río Xallas | |||
Dirixida polo enxeñeiro de camiños Juan Benet Goitia, a presa é de gravidade de planta recta, e foi executada co sistema de formigón compactado con rodete, sendo na actualidade a terceira de España en altura construída con este sistema.
O aliviadoiro está constituído por un vertedoiro de comportas de vagón, con catro vans, separados por pías, sobre as que se apoia a ponte. A disipación de enerxía foi prevista mediante unha cunca amortecedora de tipo de resalto hidráulico, facendo a reversión o río en “salto de sky”.
A central eléctrica asociada a este encoro está situada na enseada do Ézaro e conta cunha potencia instalada de 98 Mw.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.