![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/ba/Encoro_de_Belesar%252C_novembro_2007.jpg/640px-Encoro_de_Belesar%252C_novembro_2007.jpg&w=640&q=50)
Encoro de Belesar
pantano artificial do río Miño / From Wikipedia, the free encyclopedia
O encoro de Belesar é unha presa artificial creada en 1963 no río Miño (a máis grande deste río), situado entre os concellos de Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín. A súa capacidade é de 654,5 hm³ e ocupa unha superficie de 2.000 hectáreas e unha cola de 50 quilómetros. Na zona de maior profundidade acada os 135 metros. Ten unha potencia máxima de 227 MW, e produce unha media de 732 GWh ó ano.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Belesar.
Datos rápidos Localización administrativa, Estado ...
Encoro de Belesar | |
---|---|
![]() | |
Localización administrativa | |
Estado | España |
Localización xeográfica | |
Continente | Europa |
Cunca | Río Miño |
Características | |
Superficie | 2.000 hectáreas |
Profundiade máxima | 135 m |
Capacidade | 654,5 hm³ |
Outros datos | |
Comunidade autónoma | Galicia |
Provincia | Lugo |
Concellos | Taboada, Chantada, O Saviñao, Paradela, O Páramo, Guntín e Portomarín |
Tipo e uso | pantano artificial central hidroeléctrica |
Pechar
A presa, construída entre os concellos de Chantada e O Saviñao, toma o seu nome do núcleo onde primeiro se proxectou, o lugar de Belesar (nas parroquias de Belesar e Diomondi), situado a unha distancia de 4,5 quilómetros río abaixo, no Encoro dos Peares.