![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2e/HumanEmbryogenesis_gl.svg/langgl-640px-HumanEmbryogenesis_gl.svg.png&w=640&q=50)
Embrioloxía
From Wikipedia, the free encyclopedia
A embrioloxía, subdisciplina da xenética (segundo o código UNESCO), é a rama da bioloxía que se encarga de estudar a morfoxénese, o desenvolvemento embrionario e nervioso desde a gametoxénese até o momento do nacemento dos seres vivos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2e/HumanEmbryogenesis_gl.svg/640px-HumanEmbryogenesis_gl.svg.png)
A formación e o desenvolvemeto do embrión coñécese como embrioxénese. Trátase dunha disciplina ligada á anatomía e á histoloxía.
O desenvolvemento dun embrión iníciase coa fecundación, que orixina a formación do cigoto. Na especie humana, cando finaliza o proceso durante o cal se xeran todas as principais estruturas e órganos dos sistemas (ás 8 semanas aproximadamente), o embrión pasa a denominarse feto.