economista e política catalá From Wikipedia, the free encyclopedia
Elsa Artadi i Vila, nada en Barcelona o 19 de agosto de 1976 é unha economista e política catalá, voceira de Junts per Catalunya no Parlamento de Cataluña[1] e conselleira de Presidencia do goberno da Generalitat dende maio de 2018.[2]
Estudou no colexio concertado Stel·la de Barcelona.[3] Licenciada e mestrada en economía pola Universidade Pompeu Fabra, Artadi recibiu o seu doutoramento na Universidade Harvard cunha bolsa da Fundación La Caixa.[4][5] De 2006 a 2011 foi profesora de Economía na Universidade Bocconi de Milán. De 2006 a 2011 foi profesora de Economía da Università Bocconi en Milán. Foi profesora visitante da UPF e da Barcelona Graduate School of Economics.[6]
Durante esta época tamén foi profesora na Fudan University de Shanghai[7] e membro do comité científico do Banco Mundial en Casablanca (Marrocos), consultora do Banco Mundial en Washington, D.C. e membro do comité científico da European Economic Association.[6] Durante este período colaborou en diversos informes co economista e profesor da Universidade de Columbia Xavier Sala i Martín, e foi a tradutora ó castelán da súa obra Apunts de creixement econòmic.[8]
Entrou na Generalitat no ano 2011 como asesora no Departamento de Economía do conselleiro Andreu Mas-Colell.[9] En 2012, participou na proposta de pacto fiscal de CiU e participou en diversos actos de campaña con vista ó 25 de novembro. En 2013, foi nomeada directora xeral de Tributs i Joc, onde creou a Grossa de Cap d'Any.[10][11] Este feito deulle protagonismo nos medios.[6]
En 2015, foi nomeada secretaria de Facenda do Departamento de Economía,[4][12] e en xaneiro de 2016 foi nomeada directora xeral de Coordinación Interdepartamental da Generalitat de Cataluña.[10]
No verán de 2016 afilouse ó PDeCAT[5] e en 2017 coordinou e presidiu o relatorio ideolóxico do PDeCAT,[6] formou parte do primeiro equipo directivo do partido, xestionando estudos e programas,[13] pero dimitiu por mor do réxime de incompatibilidades. Posteriormente daríase de baixa do partido.[8] Malia a aplicación do 155 en 2017, Artadi non foi cesada do cargo.[11][14] Nas eleccións ó Parlamento de Cataluña do mesmo ano foi escollida deputada na lista de Junts per Catalunya,[15][16] candidatura da cal foi a directora de campaña e onde ía de número 10 na lista por Barcelona.[17]
Na XII lexislatura, é voceira parlamentaria do grupo de Junts per Catalunya. É unha das facianas máis visibles da súa coalición.[18]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.