actor canadense From Wikipedia, the free encyclopedia
Elliot Page,[1] nado como Ellen Grace Philpotts-Page en Halifax, Nova Escocia o 21 de febreiro de 1987,[2][3] é un actor e produtor canadense. É coñecido polo seu papel no filme e serie de televisión Pit Pony (1997–2000), o cal lle valeu un Premio Young Artist, e polos seus papeis recorrentes en Trailer Park Boys (2002) e ReGenesis (2004). Page tamén obtivo recoñecemento polo seu papel no filme Hard Candy (2005), gañando o premio da Austin Film Critics Association á mellor actriz.
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Ellen Grace Philpotts-Page 21 de febreiro de 1987 (37 anos) Halifax, Canadá |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Queen Elizabeth High School (en) Vaughan Road Academy (en) Shambhala School (en) Halifax Grammar School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación, Produción de cinema, dirección de cine e Activismo |
Lugar de traballo | Beverly Hills |
Ocupación | actor de cinema |
Período de actividade | 1997 - |
Familia | |
Cónxuxe | Emma Portner (–2021) |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Page conseguiu recoñecemento internacional pola súa interpretación no filme de Jason Reitman Juno (2007), que lle valeron nomeamentos para os Premios Óscar, os BAFTA, os Critics' Choice Awards, os Globos de Ouro e os Screen Actors Guild Award. Tamén conseguiu eloxios polas súas interpretacións en The Tracey Fragments (2007), Whip It (2009), Super (2010), Orixe (2010) e Tallulah (2016). Page interpretou a Kitty Pryde nos filmes de X-Men The Last Stand (2006) e Days of Future Past (2014), produciu o flime Freeheld (2015), que tamén protagonizou, e fixo o seu debut como director no documental There's Something in the Water (2019). Dende 2019, interpreta a Vanya Hargreeves na serie de Netflix The Umbrella Academy.
Page anunciou publicamente que era homosexual en febreiro de 2014, e anunciou que era transxénero en decembro de 2020, xunto co seu novo nome, Elliot Page.
É fillo de Denis Page (deseñador gráfico) e Martha Phillpotts (mestra). Asistiu ó "Halifax Grammar School" até o oitavo curso e posteriormente estivo varios anos no instituto "Queen Elizabeth High School" graduándose finalmente no "Shambhala School" en 2005. Pasou dous anos en Toronto, Ontario, estudando no programa interactivo de "Vaughan Road Academy" xunto co seu mellor amigo e tamén actor canadense Mark Rendall.
Page comezou a súa carreira co filme Pit pony (1997), á idade de dez anos, interpretando o papel de "Maggie McLean". Posteriormente, en 1999, realizouse a serie televisiva homónima. Grazas ó seu traballo nesta última entrou nos nomeamentos ós Premios Gemini como mellor interpretación de programa infantil.
Acadou notoriedade polo seu traballo no filme Hard Candy (2005), cuxo tema central é o abuso sexual, no papel de "Hayley Stark", unha adolescente de 14 anos lista e encantadora que coñece a un home de trinta e poucos anos con quen non "debería" estar.
Elliot Page sorprendeu a críticos e espectadores coa súa interpretación dun papel tan duro como o que tivo en Hard Candy, pero quizais sexa máis coñecido despois de traballar en X-Men: The Last Stand como "Kitty Pryde/Shadowcat", unha mutante capaz de atravesar calquera tipo de material.
No 2007 sorprendeu ós críticos novamente cunha faceta como actror completamente diferente co seu papel en Juno, unha rapaza de dezaseis anos cun embarazo non desexado. O filme valeulle a candidatura ó Globo de Ouro en 2008 na categoría de Mellor actriz de comedia ou musical e ó Oscar á mellor actriz. Juno conseguiu o Oscar ó mellor guión o 24 de febreiro de 2008.
O 1 de marzo de 2008 Elliot foi a convidado de Saturday Night Live e o 3 de maio de 2009 aparecía como estrela invitada no capítulo "Waverly Hills 9-0-2-1-D'oh" da serie animada The Simpsons, interpretando ó personaxe "Alaska Nebraska".
Participou no filme Orixe (2010) sendo nomeado ó Premio Saturn á mellor actriz e no filme de baixo presuposto Super. Foi un dos protagonistas do filme de Woody Allen To Rome with Love (2012) e do filme de Zal Batmanglij The East (2013). No filme X-Men: Days os Future Past (2014) fai o papel da mutante Kitty Pride[4]. O 14 de febreiro de 2014 fixo pública a súa orientación sexual nunha conferencia da organización Human Rights Campaign proclamando que estaba cansa de agachar o seu lesbianismo[5]
O 1 de decembro de 2020 anuncia nas redes sociais un comunicado declarando ser transxénero.
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2002 | The Wet Season | Jocelyn | Curtametraxe |
Marion Bridge | Joanie | ||
2003 | Touch & Go | Trish | |
Love That Boy | Suzanna | ||
2004 | Wilby Wonderful | Emily Anderson | |
2005 | Hard Candy | Hayley Stark | |
Mouth to Mouth | Sherry | ||
2006 | X-Men: The Last Stand | Kitty Pryde | |
2007 | An American Crime | Sylvia Likens | |
Juno | Juno MacGuff | ||
The Tracey Fragments | Tracey Berkowitz | ||
The Stone Angel | Arlene Simmons | ||
2008 | Smart People | Vanessa Wetherhold | |
2009 | Vanishing of the Bees | Narrador | Documental |
Whip It | Bliss Cavendar / Babe Ruthless | ||
2010 | Peacock | Maggie Bailey | |
Orixe | Ariadne | ||
Super | Libby / Boltie | ||
2012 | To Rome with Love | Monica | |
2013 | The East | Izzy | |
Touchy Feely | Jenny | ||
2014 | X-Men: Days of Future Past | Kitty Pryde | |
Tiny Detectives | Detective Ellen | Curtametraxe | |
2015 | Into the Forest | Nell | Tamén produtor |
Freeheld | Stacie Andree | Tamén produtor | |
2016 | Tallulah | Tallulah | |
Window Horses | Kelly (voz) | ||
My Life as a Zucchini | Rosy (voz) | Dobraxe en inglés | |
2017 | My Days of Mercy | Lucy Moro | Tamén produtor |
The Cured | Abbie | Tamén produtor | |
Flatliners | Courtney Holmes | ||
2019 | There's Something in the Water | El mesmo | Documental; tamén director[6][7] |
Sen data | Naya Legend of the Golden Dolphin | Dusky (voz) | Posprodución |
Sen data | Robodog | Izzy (voz) | Posprodución |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1997 | Pit Pony | Maggie Maclean | Telefilme |
1999–2000 | Pit Pony | Elenco principañ | |
2002 | Trailer Park Boys | Treena Lahey | 5 episodios |
Rideau Hall | Helene | Episodio: "Pilot" | |
2003 | Homeless to Harvard: The Liz Murray Story | Lisa de moza | Telefilme |
Going for Broke | Jennifer | Telefilme | |
Ghost Cat | Natalie Merritt | Telefilme | |
2004 | I Downloaded a Ghost | Stella Blackstone | Telefilme |
ReGenesis | Lilith Sandström | 8 episodios | |
2008 | Saturday Night Live | El mesmo (convidado) | Episodio: "Ellen Page/Wilco" |
2009 | The Simpsons | Alaska Nebraska (voz) | Episodio: "Waverly Hills, 9-0-2-1-D'oh" |
2011 | Glenn Martin, DDS | Robot Assistant (voz) | Episodio: "Date with Destiny" |
Tilda | Carolyn | Pilot | |
2012 | Family Guy | Lindsey (voz) | Episodio: "Tom Tucker: The Man and His Dream" |
2013 | Out There | Amber (voz) | Episodio: "Ace's Wild" |
2016–2017 | Gaycation | El mesmo | Serie documental; tamén produtor executivo |
2019–presente | The Umbrella Academy | Vanya Hargreeves | Elenco principal |
2019 | Tales of the City | Shawna Hawkins | Elenco principal |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2013 | Beyond: Two Souls | Jodie Holmes | Tamén captura de movementos |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Oscar á mellor actriz | Juno | Nomeado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical | Juno | Nomeado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | BAFTA á mellor actriz | Juno | Nomeado |
2007 | Premio Orange a estrela emerxente | Nomeado | |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Premio do Sindicato de Actores á mellor actriz protagonista | Juno | Nomeado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Mellor actriz- Comedia ou Musical | Juno | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Independent Spirit Award á mellor actriz | Juno | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor actriz | Juno | Gañador |
2008 | Mellor bico | Nomeado | |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Premio Saturna á Mellor Actriz | Orixe | Pendente |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.