política estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Elizabeth Ann Warren, nada como Elizabeth Herring en Oklahoma City o 22 de xuño de 1949, é unha académica especialista en dereito e política estadounidense.[1][2] Dende o 3 de xaneiro de 2013 é senadora por Massachusetts no Senado dos Estados Unidos polo Partido Demócrata. Durante máis de 20 anos foi profesora de dereito da Universidade Harvard. En 2015 foi considerada polos analistas políticos unha das líderes de centroesquerda estadounidense con maior influencia xunto a Obama e Hillary Clinton, salientando o seu mérito para artellar nos anos posteriores á Gran Recesión de 2008 un discurso sobre as desigualdades, os abusos de Wall Street e a erosión da clase media co que poden identificarse estadounidenses de esquerdas e dereitas.[3]