Electrocardiograma
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un electrocardiograma é un gráfico que produce un electrocardiógrafo e que mide os sinais eléctricos do corazón coa forma dunha cinta gráfica continua.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9b/EKGI.png/220px-EKGI.png)
A actividade eléctrica normal do corazón comprende:
- A despolarización da aurícula, que se manifesta coa onda P.
- A despolarización do ventrículo, que se manifesta co complexo QRS.
- A repolarización auricular pasa desapercibida, oculta polo complexo QRS.
- A repolarización ventricular maniféstase coa onda T.