![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/84/Electrelane.jpg/640px-Electrelane.jpg&w=640&q=50)
Electrelane
From Wikipedia, the free encyclopedia
Electrelane foi unha banda inglesa de indie rock formada en Brighton en 1998 por Verity Susman e Emma Gaze. O grupo estaba composto por Susman, Gaze, Mia Clarke, e Ros Murray. A súa música tiña unha ampla gama de influencias como Neu!, Stereolab, Sonic Youth, e The Velvet Underground. Aínda que os membros da banda tiñan unhas fortes posturas feministas e políticas nas súas vidas persoais, xeralmente preferían non comunicar iso directamente aos seus fans ou a través da súa música;[1] unha excepción foi a súa inclusión na canción protesta "The Partisan", unha versión de Leonard Cohen que comezaron a tocar de xira polos Estados Unidos nos meses anteriores ás eleccións presidenciais de 2004. A banda ao vivo tiña a reputación de centrase na súa música cunha mínima interacción co público e raramente tocaba máis dun bis.[2][3][4]
Electrelane | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Brighton, ![]() |
Período | 1998 - 2007 2011 - 2012 |
Xénero(s) | post-rock, rock alternativo, electrónica, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Too Pure, Beggars Banquet |
Membros | Mia Clarke Emma Gaze Ros Murray Verity Susman |
Antigos membros | Tracy Houdek Debbie Ball Rupert Noble Rachel Dalley |
Na rede | |
electrelane.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |