Eleccións xerais de España de 1977
From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións xerais en España de 1977 tiveron lugar o 15 de xuño dese ano. Os españois e españolas maiores de idade foron chamados ás urnas corenta e un anos despois dende as últimas eleccións celebradas en democracia durante a Segunda República, en febreiro de 1936.
Datos rápidos Data, Tipo ...
Pechar
Nestas eleccións o presidente do Goberno, Adolfo Suárez, nomeado polo rei Xoán Carlos I en 1976, chega ao Centro Democrático y Social, para lideralo e así crear a Unión de Centro Democrático, que gaña as eleccións quedando a poucos escanos da maioría absoluta.