Eleccións ao Parlamento Europeo de 2004
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 tiveron lugar entre o 10 e o 13 de xuño nos 25 estados membros da Unión Europea, para dar lugar á VI lexislatura europea. Non foi posible votar aos partidos do Parlamento Europeo, pero os partidos nacionais electos agrupáronse en partidos do Parlamento Europeo despois das eleccións.
Eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 1999 2009 → | |||||||||||||||||||||||||||
Data | 21 de febreiro de 2004 | ||||||||||||||||||||||||||
Tipo | eleccións ao Parlamento Europeo | ||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | 732 eurodeputado ≈ VI lexislatura do Parlamento Europeo. Duración do mandato: 5 | ||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Os votos contabilizáronse a medida que se pechaban as urnas, mais os resultados non se anunciaron ata o 13 e 14 de xuño polo que os resultados dun país non influirían nos votantes doutro onde as urnas aínda estaban abertas; porén, os Países Baixos, votando o xoves 10, anunciaron resultados provisionais case completos tan axiña como se contabilizaron, na noite do día das eleccións, unha medida moi criticada pola Comisión Europea.
342 millóns de persoas tiñan dereito a votar, o segundo electorado democrático máis grande do mundo despois da India. Foi a maior elección directa transnacional da historia, e os 10 novos estados membros elixiron eurodeputados por primeira vez. O 6º Parlamento estaba formado por 732 membros do Parlamento Europeo (MPE).
Os resultados mostraron unha derrota xeral dos partidos gobernantes e un aumento de representantes dos partidos euroscépticos. Non se logrou ningunha maioría. O equilibrio de poder no Parlamento mantívose igual (partido maior PPE-DE, segundo PSE) a pesar dos 10 novos estados membros.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eleccións ao Parlamento Europeo de 2004 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.