O Escorial, Madrid

From Wikipedia, the free encyclopedia

O Escorial, Madridmap

O Escorial[1][2] (en castelán e oficialmente El Escorial) é un concello da Comunidade de Madrid, pertencente á comarca de Cuenca del Guadarrama.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Modelo:Xeografía políticaO Escorial, Madrid
Thumb
Thumb
Thumb

Localización
Thumb Editar o valor en Wikidata Thumb
 40°34′54″N 4°07′30″O
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
CapitalEl Escorial Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación16.873 (2023) Editar o valor en Wikidata (245,25 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie68,8 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude909 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
 Alcalde Editar o valor en WikidataAntonio Vicente Rubio (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal28292 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE28054 Editar o valor en Wikidata

Páxina webelescorial.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453368
Pechar
Thumb
Monte Abantos, visto desde os xardíns da Casita del Príncipe.

Localización

Está situado na zona noroeste da rexión, ao pé da vertente meridional da Serra de Guadarrama, a uns 46 quilómetros da cidade de Madrid. É designado popularmente como El Escorial de Abajo, para diferencialo da veciña localidade de San Lorenzo de El Escorial, que recibe, pola súa banda, o nome oficioso de El Escorial de Arriba. É atravesado polo río Aulencia, o principal afluente do Guadarrama. Linda ao norte co municipio de San Lorenzo de El Escorial, que tamén o arrodea polo oeste, xunto con Robledo de Chavela e Zarzalejo. Ao suroeste aparece Navalagamella e, ao sur, Valdemorillo, Colmenarejo e Galapagar, municipio que tamén toca o seu parte oriental.

Lugares e monumentos

Dentro do seu termo foi erixido, no século XVI, o soado mosteiro do Escorial. Con todo, esta construción atópase na actualidade en San Lorenzo de El Escorial, municipio xurdido dous séculos despois, como unha segregación do Escorial. Por iso, o edificio tamén é coñecido como mosteiro de San Lorenzo de El Escorial.

Desde o 21 de xuño de 2006, o seu termo municipal atópase protexido pola Comunidade de Madrid como Ben de Interese Cultural, na categoría de Territorio Histórico ou Sitio Histórico. Nesta figura inclúense tamén San Lorenzo de El Escorial, Santa María de la Alameda e Zarzalejo, pobos que, como aquel, formaron parte dun territorio de reguengo e abadengo constituído no século XVI, ao redor do Real Mosteiro, e que recibiu o nome de Real Sitio de El Escorial.

Ademais, a Casita del Príncipe, un dos principais monumentos do Escorial, forma parte da declaración de Patrimonio da Humanidade, realizada pola Unesco o 2 de novembro de 1984, en referencia en referencia ao Mosteiro e ao Real Sitio.

Demografía

199619981999200020012002200320042005200620072008
8554944410.05310.54911.20911.91212.66912.97513.76814.11314.49214.873

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.