![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c0/Rocas_del_abra_zipaquira_area_rural.jpg/640px-Rocas_del_abra_zipaquira_area_rural.jpg&w=640&q=50)
El Abra
sitio arqueolóxico de Colombia / From Wikipedia, the free encyclopedia
El Abra é o nome dado a un extenso sitio arqueolóxico localizado no val do mesmo nome. El Abra atópase no leste do concello de Zipaquirá, estendéndose cara á parte máis occidental de Tocancipá, no departamento de Cundinamarca, Colombia. Componse dunha longa serie de refuxios de pedra de varios centos de metros de longo no norte da sabana de Bogotá, no Altiplano Cundiboyacense, que forman parte da Cordilleira Oriental dos Andes colombianos a unha altitude de 2.570 metros. O sistema de refuxios e covas rupestres é unha das primeiras evidencias de asentamento humano en América, datada nos anos 12.400 ± 160 antes de Cristo. O sitio foi utilizado polos cazadores-recolectores da época do Plistoceno superior.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Abra.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c0/Rocas_del_abra_zipaquira_area_rural.jpg/640px-Rocas_del_abra_zipaquira_area_rural.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c0/Alb.jpg/320px-Alb.jpg)