Edmonton Oilers
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Edmonton Oilers son un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Edmonton, Alberta (Canadá). Dende 1979 os Oilers compiten na máxima competición de hóckey sobre xeo de América do Norte, a National Hockey League (NHL), estando encadrado na Pacific Division da Conferencia Oeste. Xogan os seus partidos como locais no Rexal Place dende 1974. O equipo gañou a Stanley Cup en cinco ocasións, ademais de gañar sete títulos de conferencia e nove de división (un deles competindo na World Hockey Association). Foron fundados en 1972 baixo o nome de Alberta Oilers para competir na World Hockey Association (WHA), trocando o seu nome na súa segunda tempada na competición polo seu nome actual.
Edmonton Oilers | |
---|---|
Fundación | 1972 |
Cidade | Edmonton, Alberta Canadá |
Estadio | Rogers Place (18.641 espectadores) |
Liga | National Hockey League |
Conferencia | Oeste |
División | Pacific |
Campionatos | 5 |
Propietario(s) | Oilers Entertainment Group |
Director | Peter Chiarelli |
Adestrador | Todd McLellan |
Afiliado(s) | Bakersfield Condors (AHL) Wichita Thunder (ECHL) |
Cores | Laranxa, azul escuro e branco |
Na rede | |
https://www.nhl.com/oilers | |
Dende a súa fundación, os Oilers xogaron sete veces as finais da Stanley Cup (1983, 1984, 1985, 1987, 1988, 1990 e 2006), gañando o título en 1984, 1985, 1987, 1988 e 1990. Manteñen unha forte rivalidade cos seus veciños de Alberta, os Calgary Flames, coñecida como the Battle of Alberta (en galego a batalla de Alberta). A franquía de Edmonton conseguiu o Presidents' Trophy en dúas ocasións consecutivas, sendo o primeiro equipo en conseguir este galardón.
De entre todos os xogadores que vestiron a camisola dos Oilers compre destacar a Wayne Gretzky, coñecido como The Great One, considerado por moitos o mellor xogador da historia do hóckey sobre xeo.[1] Nove xogadores do equipo forman parte do Hockey Hall of Fame.[2] O equipo actual está adestrado por Todd McLellan e está liderado polo capitán Andrew Ference.