Edificio Banca Viñas-Aranda
construción civil en Vigo / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Edificio Banca Viñas-Aranda é un inmoble senlleiro que se atopa no cruzamento das rúas Reconquista e Marqués de Valladares, no centro da cidade de Vigo. Foi proxectado polo arquitecto porriñés Antonio Palacios en 1941. O edificio contruiuse para ser sede da antiga Banca Viñas-Aranda; hoxe é sede do Banco Popular.
Edificio Banca Viñas-Aranda | |
---|---|
Edificio | |
Nome inicial | Banca Viñas-Aranda |
Tipo | edificio comercial (banca) e de vivendas |
Estilo | ecléctico-clasicista |
Localización | Rúa da Reconquista 9, Vigo (Galicia, España) |
Coordenadas | 42°14′17″N 8°43′23″O |
Remate | 1941 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Antonio Palacios |
[ editar datos en Wikidata ] |
O edificio ten un estilo clasicista que se achega á escola de Chicago de finais do século XIX e é un exemplo seriodio da arquitectura comercial das obras realizadas por Palacios en Madrid a principios do século XX. Está contruído en cantaría de granito galego; ten soto, planta terrea, entresollado, catro andares, un máis diferenciado. Aproveita o chafrán que se forma entre as dúas rúas para situar a porta principal do banco; este chafrán ten un gran van con dúas pilastras lisas, no alto da cornixa do chafrán o edificio ten un corpo a xeito de torre de tres andares que achega monumentalidade. Ten un gran corpo basamental con pilastras e arcos almofadados no entresollado e a planta terrea. Os catro andares seguintes caracterízanse polas fiestras tipo oriel window, tipicamente inglesas, e as grandes columnas recubertas de cerámica que enriquece o edificio plasticamente. O último andar diferenciado funciona coma un falso entaboamento cunha disposición clásica de tríglifos no friso e fiestras con métopas[1].
O inmoble construíuno a casa Pérez Conde. As oficinas da banca abriron o 27 de maio de 1944. Nesta vivenda morou desterrado o poeta, tradutor e xornalista Plácido Castro[2].