Ecuación de Laplace
From Wikipedia, the free encyclopedia
En cálculo vectorial, a ecuación de Laplace é unha ecuación en derivadas parciais de segunda orde de tipo elíptico, que recibe ese nome en honra ao físico e matemático Pierre-Simon Laplace.
Introducida polas necesidades da mecánica newtoniana, a ecuación de Laplace aparece en moitas outras ramas da física teórica como a astronomía, a electrostática, a mecánica de fluídos ou a mecánica cuántica.