xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Echinacea, as equináceas, é un xénero de plantas herbáceas e perennes da familia das asteráceas. A especie Echinacea angustifolia posúe propiedades tónicas e afrodisíacas[1]. Todas as especies son nativas do leste de América do Norte. Comprende 42 especies descritas e destas, só 11 aceptadas[2].
xénero Echinacea | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Echinacea purpurea | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Véxase no texto |
Son plantas herbáceas, perennes e tolerantes á seca que miden 1 ou 2 m en altura. As follas son de lanceoladas a elípticas, de 10 a 20 centímetros de longo e 1,5–10 cm de largo. Como é característico de toda a familia das Asteráceas, as flores forman unha inflorescencia composta por flores púrpuras (raramente amarelas ou brancas) dispostas en forma de cabeciñas cónicas; xa que o limbo das lígulas exteriores tenden a apuntar cara a abaixo unha vez que a cabeciña da flor abre, formando, deste xeito, un cono.
O extracto de equinácea úsase en tratamentos complementarios de infeccións respiratorias, gripes, arrefriado, farinxite, rinite e sinusite.
Os seus constituíntes químicos son o ácido cafeico, ácido chicórico, polialcanos, polisacáridos, tuselaxina, acetato de bornil, alcamídeos, borneol, cariofileno, cinarina, equinacosídeo, isotusilaxina.
As súas propiedades medicinais son antibacterianas, antibióticas, antivirais, antisépticas, antiinflamatorias, antimicrobianas, inmunoestimulantes e fortificantes.
O xénero foi descrito por Conrad Moench e publicado en Methodus Plantas Horti Botanici et Agri Marburgensis : a staminum situ describendi 591. 1794.[3]
O nome do xénero procede do grego echino, que significa "espiñento", por mor ao disco central espiñento da cabeciña floral.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.