O duraluminio é unha aliaxe de aluminio (> 90 %) con cobre (3-5 %), magnesio (0,4-2,4 %) e manganeso (0,3-1 %) e, ás veces, unha pequena porcentaxe de silicio. Pertence á familia das aliaxes aluminio-cobre.[1]

Thumb
Reforzo transversal de duraluminio afectado polo incendio do dirixible LZ 129 Hindenburg, recuperado do lugar onde caeu, na Base Aérea McGuire, Nova Jersey, o 6 de maio de 1937.
Thumb
Peza usada no dirixible USS Akron.

Foi descuberto accidentalmente en 1908 polo químico e enxeñeiro metalúrxico alemán Alfred Wilm (1869-1937),[2] en Düren (Alemaña),[3] aínda que non foi introducido na industria até 1909.[4]

Antes de ser sometido a un tratamento térmico, a aliaxe é dúctil e maleábel. Pero co tratamento térmico, unha reacción entre o aluminio e o magnesio provoca un aumento na dureza e a resistencia á tracción.

Propiedades

O seu peso lixeiro e outras propiedades físicas fixeron que o duraluminio fora amplamente utilizado na industria aeroespacial desde a década de 1920. As súas principais característica son a grande resistencia á tracción e a súa moi elevada resistencia mecánica a temperatura ambiente.[1] Porén, a súa resistencia á corrosión, soldabilidade e aptitude para o anodizado son baixas.

  • Boa mecanización.
  • Pouca resistencia á abrasión.
  • Pouca resistencia á corrosión.

Aplicacións

Os duraluminios empréganse especialmente na industria aeronáutica e na de automoción.[5]

Son aliaxes das máis usadas, dentro dos aluminios, que permiten aplicacións até hai pouco reservadas aos aceiros.

  • Parafusos.
  • Moldes de soprado.
  • Mosquetóns.
  • Estampacións.
  • Utensilios diversos.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.