Duisburgo
cidade de Alemaña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Duisburgo (Duisburg en alemán) é unha cidade alemá situada no Land de Renania do Norte-Westfalia. En 2007 tiña 495.668 habitantes. Érguese na confluencia do río Rin co Ruhr, na parte occidental da populosa rexión do Ruhr.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Duisburg (de) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen | ||||
Rexión administrativa | Rexión de Düsseldorf | ||||
Contén a división administrativa | Duisburg-Mitte (en) Duisburg-Süd (en) Hamborn (en) Homberg/Ruhrort/Baerl (en) Meiderich/Beeck (en) Rheinhausen (en) Walsum (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 502.211 (2022) (2.157,26 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 232,8 km² | ||||
Bañado por | Río Ruhr, Río Rin, Alte Emscher (en) , Kleine Emscher (en) e Rhine–Herne Canal (en) | ||||
Altitude | 33 m | ||||
Punto máis alto | Haus Hartenfels (en) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Sören Link (pt) (2012–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 47279, 47001, 47051 e 4100 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 02066, 02841, 02151, 0203 e 02065 | ||||
Código NUTS | DEA12 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 051120000000 | ||||
Número de municipio alemán | 05112000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Vilnius (1985–) | ||||
Páxina web | duisburg.de | ||||
Acolle o máis importante porto fluvial de Europa e do mundo, e tense convertido nun centro destacado no sector do comercio e da produción siderúrxica. Ademais é un polo das industrias química e mecánica, é tamén sede da minería do carbón, aínda que o sector mineiro de Duisburgo non fora nunca preminente como, por contra, o é noutras cidades do Ruhr. Todos os altos fornos do val do Ruhr hoxe en día se atopan en Duisburgo, que produce o 49% do metal de ferro alemán e o 34,4% da gusa.
A cidade actual é resultado dun proceso de conurbación de cidades menores limítrofes, que acabaron por soldarse nunha soa metrópole. Duisburgo é a décimo segunda cidade de Alemaña polo número de habitantes e a quinta de Renania do Norte-Westfalia, con case 500.000.
Duisburgo acolle a Universidade de Duisburgo-Essen, que naceu no ano 2003 da fusión coa da veciña cidade de Essen. Ten cerca de 33.000 estudantes, figurando entre as dez primeiras alemás.