Ducado de Tuscia
ducado lombardo, 574-774 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ducado de Tuscia o da Tuscia, inicialmente Ducado de Lucca, foi un ducado longobardo da Italia central, que comprendía gran parte da actual Toscana e da provincia de Viterbo. Tras a ocupación dos territorios que pertencían aos bizantinos, os longobardos fundaron este ducado que, entre outros centros, contaba tamén con Florencia. A capital do ducado era Lucca, que estaba situada cabo da Vía Francíxena, onde residía o duque, ao que os documentos chamaban dux et iudex.[1] O ducado, constituído no 574 tras a ocupación longobarda de Tuscia, coñeceu despois unha evolución histórica no período poscarolinxio, coa formación da Marca de Tuscia.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Lucca | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 574 | ||||
Disolución | 774 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | monarquía | ||||
Pechar