Ducado de Suabia
ducado do reino de Alemaña / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ducado de Suabia, chamado até 1079 ducado de Alemaña,[1] foi un dos cinco ducados troncais do medieval reino de Alemaña. Xurdiu no século X na zona suroeste, que fora colonizada por tribos alamanitas na Antigüidade tardía. Formouse en 915 despois da reforma dos condados da Francia Oriental.
ducatus Sueviae (la) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 909 ↔ 917 | |||
Disolución | 1313 | |||
Sucedido por | Áustria Anterior (pt) , Antiga Confederación Suíza, House of Tübingen (en) , County of Württemberg (en) , Zollern (pt) , landgraviate of Lower Alsace (en) , landgraviate of Upper Alsace (en) , Margraviato de Baden (pt) , Principality of Fürstenberg (en) , República de Mulhouse (pt) , Free City of Haguenau (en) e Free City of Sélestat (en) | |||
Aínda que a rexión histórica de Suabia toma seu nome dos antigos suevos, que habitaban no ángulo formado polos ríos Rin e Danubio, o ducado comprendía un territorio moito máis amplo, que se estendía desde a cordilleira dos Vosgos alsacianos no oeste, até as beiras do río Lech (afluente do Danubio) no leste, e até o cidade italiana de Chiavenna (Kleven, en alemán), na actual provincia de Sondrio, e o Paso de San Gotardo no sur.
O nome deste ducado, o máis grande do reino de Alemaña, frecuentemente chamábase, indistintamente, como Alamannia durante a Alta Idade Media,[2] até aproximadamente o século XI, cando a forma Suabia comezou a prevalecer.[3]
Despois dunha loita de séculos coa casa de Zähringen, o margraviato de Baden desvinculouse do ducado Suabo no século XII. O ducado restante persistiu até 1268, rematando coa execución do último duque Hohenstaufen Conradino. O conde Rodolfo I de Habsburgo, elixido rei dos romanos en 1273, intentou revivir o título ducal suabo, outorgándollo ao seu fillo máis novo, o posterior duque Rodolfo II de Austria, que o pasou ao seu fillo Xoán de Suabia, duque de Austria e Estiria, xoñecido como Xoán o Parricida. Xoán morreu sen herdeiro en 1312 ou 1313, marcando o final do título "revivido".
A familia máis notábel que tivo Suabia foron os Hohenstaufen, que a mantiveron, cunha breve interrupción, desde 1079 até 1268. Durante gran parte deste período, os Hohenstaufen tamén foron emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico. Á morte sen herdeiros do duque Conrado IV de Suabia, Conradino, en 1268, a liña dos Hohenstaufen extinguiuse, e o ducado de Suabia desintegrouse en varios condados, cidades e abadías libres, estados que, na súa maior parte, existiron até a mediatización e secularización de 1803.