From Wikipedia, the free encyclopedia
O Ducado de Cádiz é un título nobiliario español concedido por primeira vez polos Reis Católicos a Rodrigo Ponce de León e Núñez, III conde de Arcos, II marqués de Cádiz, da casa dos Ponce de León.
Ducado de Cádiz | |
---|---|
Primeira creación | |
Primeiro titular | Rodrigo Ponce de León e Núñez |
Concesión | Isabel I e Fernando V de Castela 1484 |
Liñaxes | Casa de Ponce de León |
Segunda creación | |
Primeiro titular | Francisco de Asís de Borbón, infante de España |
Concesión | Fernando VII de España 9 de maio de 1820 |
Liñaxes | Casa de Borbón |
Terceira creación | |
Primeiro titular | Afonso de Borbón e Dampierre |
Concesión | Xoán de Borbón, conde de Barcelona 1972 |
Liñaxes | Casa de Borbón |
O seu nome refíre á cidade andaluza de Cádiz.
Unha vez morto o primeiro duque, os Reis Católicos negociaron coa súa herdeira Francisca Ponce de León e Jiménez de la Fuente a abolición do marquesado e do ducado de Cádiz, reincorporando tras a súa morte a cidade e os títulos á Coroa de Castela,[1] dando ao seu fillo en compensación o condado de Casares e elevando o condado de Arcos a ducado de Arcos.
Durante séculos o título permaneceu en desuso, até o século XIX. Desde entón o título de duque de Cádiz ostentárono varios membros da familia do rei: Francisco de Asís Luis de Borbón, fillo primoxénito do infante de España Francisco de Paula de Borbón e, tras a súa morte o seu irmán (de igual nome) Francisco de Asís de Borbón, rei consorte, quen apenas utilizou este título en vida.
Así mesmo recibiu o ducado de Cádiz o infante de España Fernando María de Baviera e Borbón[2] e, por último, Afonso de Borbón e Dampierre, quen recibiu o título por iniciativa do avó da súa esposa Carmen Martínez-Bordiú e Franco o xefe do Estado, Francisco Franco Bahamonde.
Sobre esta última concesión, o periodista e político Antonio Fontán (que máis adiante sería presidente do Senado) explicou o seguinte:[3]
«Un enviado de Franco, persoa do Goberno e moi caracterizada, visitou a Xoán Carlos de parte do xeneral para que lle dixera ao seu pai, Xoán de Borbón, que o Caudillo quería que se lle concedese a Afonso un título da Casa Real con tratamento de Alteza. O príncipe falou co seu pai. E este foi o que elixiu o título de Cádiz».
Deste xeito, Afonso de Borbón recibiu o ducado de Cádiz. O 22 de novembro de 1972, Franco concedeulle por decreto a facultade de usalo en España. Tras a morte de Afonso, o título volveu reverter na Coroa unha vez máis.
Titular | Período | |
---|---|---|
Primeira creación por Isabel I e Fernando V de Castela | ||
I | Rodrigo Ponce de León e Núñez | 1484-1492 |
II | Francisca Ponce de León e Jiménez de la Fuente | 1492-1493 |
Segunda creación por Fernando VII | ||
I | Francisco de Asís de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias | 1820-1821 |
II | Francisco de Asís de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias | 1822-1902 |
III | Fernando María de Baviera e Borbón | |
Terceira creación por Xoán de Borbón | ||
I | Afonso de Borbón e Dampierre | 1972-1989 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.