Draco
From Wikipedia, the free encyclopedia
Draco ou Dragón[1] é unha constelación que está moi ó norte, que é circumpolar para moitos observadores do Hemisferio Norte. É unha das 88 constelacións modernas, e tamén é unha das 48 constelacións listadas por Tolomeo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Dragón (homónimos).
Datos rápidos Nome latino, Abreviatura ...
Draco | |
---|---|
Nome latino | Draco |
Abreviatura | Dra |
Xenitivo | Draconis |
Simboloxía | O Dragón |
Ascensión recta | 15 h |
Declinación | +75° |
Área | 1083 graos cadrados
Rango 8º |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
3 |
Estrela máis brillante | γ Dra (Etamin)
(magnitude ap. 2,23) |
Choiva de meteoros |
|
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −15°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de xullo | |
Pechar
Aínda que é moi grande, Draco non ten estrelas especialmente brillantes. A cabeza do dragón está representada por un cuadrilátero de estrelas situadas entre Hércules e a Ursa Minor.