From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioloxía o dominio cremalleira de leucina básica (dominio bZIP) encóntrase en moitas proteínas eucariotas que se unen ao ADN. Unha parte do dominio contén unha rexión que media propiedades de unión ao ADN específicas de secuencia e a cremalleira de leucina que se require para manter xuntas (dimerizadas) as dúas rexións de unión ao ADN. A rexión de unión ao ADN comprende varios aminoácidos básicos como a arxinina e a lisina. As proteínas que conteñen este dominio son factores de transcrición.[1][2]
Os factores de transcrición bZIP encóntranse en todos os organismos. Un estudo evolutivo recente revelou que había 4 xenes bZIP no xenoma do antepasado común máis recente de todas as plantas.[3] As interaccións entre os factores de transcrición bZIP xogan un importante papel no desenvolvemento do cancro [4] nos tecidos epiteliais, na síntese de hormonas esteroides polos tecidos endócrinos,[5] nos factores que afectan ás funcións reprodutivas,[6] e noutros fenómenos que afectan á saúde humana.
ATF1; ATF2; ATF4; ATF5; ATF6; ATF7; BACH1; BACH2; BATF; BATF2; CREB1; CREB3; CREB3L1; CREB3L2; CREB3L3; CREB3L4; CREB5; CREBL1; CREM; E4BP4; FOSL1; FOSL2; JUN; JUNB; JUND; MAFA; MAFB; NFE2; NFE2L2; NFE2L3; SNFT; CREM
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.